Godflesh | |
---|---|
G. C. Green e Justin Broadrick | |
Orixe | Birmingham, Inglaterra |
Período | 1982 - 2002 2010 - presente |
Xénero(s) | metal industrial, post-metal, metal experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Swordfish, Earache, Columbia, Avalanche, Music for Nations, Koch, Relapse |
Membros | Justin Broadrick G. C. Green |
Antigos membros | Paul Neville Robert Hampson Bryan Mantia Ted Parsons |
Artistas relacionados | Napalm Death, Jesu, Cable Regime, Painkiller |
Na rede | |
http://www.godflesh.com/ | |
Godflesh é unha banda inglesa de metal industrial procedente de Birmingham. O grupo formouse no ano 1982 co nome Fall of Because pero non editou música ata 1988 cando Justin Broadrick (guitarra, voces e programación) e G. C. Green (baixo) cambiaronlle o nome ao grupo e decidiron usar unha caixa de ritmos para a percusión. Mesturando heavy metal con música industrial e posteriormente con música electrónica e dub, o innovador son de Godflesh é amplamente considerado como unha influencia fundacional para outros artistas do metal industrial e o post-metal e moi importante para o metal experimental e o metal extremo.
A banda fichou por Earache Records a finais dos 80 e publicou o seu influente álbum de estrea, Streetcleaner (1989), coa aclamación da crítica. Tras o lanzamento de Pure (1992) e de Selfless (1994), comezaron a experimentar con baterías ao vivo, e con sons do hip hop e do breakbeat. Os álbums resultantes, Songs of Love and Hate (1996) e Us and Them (1999), foron seguidos por Hymns (2001), que viu unha simplificación no son da banda. Pouco despois da marcha de Green en 2002, Broadrick puxo fin a Godflesh e dedicouse a outros proxectos, incluído Jesu. Broadrick e Green reformaron Godflesh en 2010, publicando A World Lit Only by Fire (2014) e Post Self (2017) con aclamación da crítica.
Como pioneiro do metal industrial, o son inicial de Godflesh definíase por ritmos ásperos, baixos enfatizados, guitarras distorsionadas e voces escasas cantadas de forma grave e gutural. A banda actuou durante a meirande parte da súa carreira como un dúo con Broadrick e Green tocando sobre percusión programada, normalmente nun contexto de escenas apocalípticas e iconografía cristiá. A música de Godflesh é considerada especialmente pesada e sombría, con Streetcleaner sendo nomeado por varias publicacións como un dos mellores e máis pesados álbums de metal.